IV Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte 2011

Centos de rapaces achegáronse á entrega de premios do IV Concurso de Murais de Azulexo de Lar

O venres 3 de xullo tivo lugar a entrega dos premios do IV Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte. Centos de rapaces, dos 9 institutos participantes e mais dos centros de APEM e ASPADEX, acodiron ás instalacións de Cee e demostraron a incidencia social e educativa desta proposta.

Este ano o fío condutor dos Certame eran os “Xogos populares”, e de feito, moitos dos murais servirán de bancos, e de taboleiros para practicar xogos como a oca, a chave, as canicas… Un novo paso para este certame que xa traspasa fronteiras como o demostra o feito de que un dos colexios que quixo participar, e participou, é de Boiro.

Pepe Formoso foi, de novo, o presentador da entrega. E foron os propios alumnos os que explicaron o por que de cadanseu mural.

Os Alumnos foron explicando as súas obras - Foto: Marcos Rodríguez Fotografía

Finalmente o gañador do primeiro premio do Concurso foi para o “Ollo Máxico”, do IES Agra Raíces de Cee.

Premio para IES Agra Raíces

O segundo premio foi para o IES Maximino Romeu de Lema, de Zas co seus “Xogos coa Fala”, unha aposta moi novedosa.

Premio ao IES Maximino Romeu de Lema

Foi o IES Ramón Caamaño de Muxía o outro centro premiado, e por partida doble. Os muxiáns recolleron o 3º premio e mais o Premio á Utilidade, cos seus “Xogos reunidos”.

Doble premio para o IES Ramón Caamaño - Foto: Marcos Rodríguez Fotografía

Aprender creando

Pero máis alá dos premios, este concurso ten moito traballo e aprendizaxe por detrás. Este ano preto de 200 rapaces aprenderon a traballar o azulexo nas máis de 4.500 horas de traballo que os 11 centros participantes empregaron para as súas creacións. De feito, a clase de Educación Plástica dos centros escolares está tomada dende febreiro e ata este pasado venres polo Mural de Azulexo, pero mestres e alumnos coinciden en valorar a iniciativa como moi educativa e práctica.

Valores como o traballo en grupo, o contacto familiar á hora de documentarse (neste caso de xogos tradicionais), o propio proceso de documentación, de creatividade, o longo e práctico proceso de elaboración… son moitos beneficios que aporta esta iniciativa educativa.

Mural a mural

  • IES Maximino Romeu de Lema, Zas: “Xogos coa Fala”. Unha homenaxe á lingua e aos xogos populares.

Mural do IES Maximino Romeu de Lema de Baio

  • IES Fernando Blanco, Cee: “O xogo dos Papaventos”. Os xogos fomentan os lazos familiares.

Mural do IES Fernando Blanco

  • Colexio Manuela Rial Mouzo, Cee: “Xogando co pasado”. Os alumnos recuperaron xogos como a buxaina, a chave… para que os recordos non caian no olvido.

Mural do Manuela Rial Mouzo

  • IES Terra de Soneira, Vimianzo: “Xogar e crear e ademais popular”. Os xogos teñen lugar de día e de noite, nas 4 estacións… A creatividade ten lugar en todo momento.

Mural do IES Terra de Soneira

  • IES Lama de Castelo, Carnota: “Buxainas na noite”. O azul do mar e as cores vivas da infancia son os protagonistas que fan bailar a buxaina.

Mural do IES Lamas de Castelo

  • IES Agra de Raíces, Cee: “O ollo maxico”.As cores vivas devólvennos á infancia con estas canicas.

Mural do IES Agra Raices

  • IES Ramon Caamaño, Muxía: “Xogos reunidos”. Taboleiro para xogar en lugares públicos cunha serpe de protagonista e varios xogos como a oca, as chapas…

Mural do IES Ramón Caamaño

  • IES Profesional, Ponteceso: “Os xogos esquecidos do vento”. O vento é o protagonista como elemento común entre xogos como a buxaina, un barco de vela feito nunha noz, o papaventos…

Mural do IES Ponteceso

  • Ies Praia Barraña, Boiro: “Homo Ludens (ou home que xoga)”. Os boirenses intentaron demostrar a necesidade primaria do home de divertirse e ser feliz.

Mural do IES Praia Barraña

  • Apem: “Xogos á tardiña”.

Mural de Apem

  • Aspadex: “Xogos populares”. O Monte Pindo cheo de globos.

Mural de Aspadex

Ademais, APEM e ASPADEX recibiron un premio de 150€ por sorpresa:

Usuarios de Apem e Aspadex recollendo o premio

Xurado

O xurado este ano está composto por 4 persoas:

  • Nacho porto, Ceramista, en calidade de presidente.
  • Elena Fabeiro, vocal. Licenciada en Xeografía, Historia e Arte de Galicia. Xerente da Fundación Centro Galego de Artesania e Deseño.
  • Marcial Rodríguez, arquitecto estudo. Desenvolvemento a obra de adecuacion da contorna do Faro de Fisterra, así como o proxecto e construción das Galerías de Sargadelos.
  • Manuel Gozalbo, Director da revista “A túa Reforma”, centrada no sector do azulexo.

O xurado con Tatiana Rodríguez

Agradecimentos

Suministros Lar agradece a todas as persoas que fixeron posible que este proxecto saia adiante, dende os mestres e alumnos dos centros participantes, ao equipo humano da empresa, ao xurado…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>