Continúa o Concurso de Murais de Azulexo de Lar afianzándose como unha proposta que traspasa fronteiras. A empresa ceense segue formando alumnos de toda a bisbarra e a súa incidencia cada vez é maior.
No 2011, quen quixo cercioralo foi a TVG, que fixo parada no Colexio Manuela Rial e na Asociación Apem para ver como ían os traballos. A TVG fixouse e moito nos traballos dos alumnos, e de como aprenden a traballar en grupo ademais de formarse en materia de construción artística.
Tatiana Rodríguez, responsable da empresa, amosouse moi satisfeita: “É moi agradable que o noso pobo e a nosa comarca salga na tele por cousas como esta, xa que son as que fan grandes ás persoas”.
Aquí vemos unha das entrevistas no Programa A Revista realizada no Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee.


